Novos horarios de apertura no MARCO

luns, 2 xan 2012

A partir do martes 3 de xaneiro, coincidindo co inicio de 2012, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público. O cambio máis importante consiste en que as salas de exposición pecharán a mediodía, entre as 14.30 e as 17.00, de martes a sábados (festivos incluídos). O domingo continuarán abertas ao público en horario de mañá ata as 14.30, e o luns seguirá sendo o día de peche, como ata agora. Este cambio afecta tamén á apertura da Biblioteca-Centro de documentación no seu horario de tarde, que pasa a ser de 17.00 a 21.00 (en lugar de 16.00 a 20.00).

Siniestro Total celebrará en Vigo o seu trixésimo aniversario coa suite sinfónica Land of Opportunity

xoves, 22 dec 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves o concerto de aninovo que ofrecerá Siniestro Total no Teatro García Barbón para conmemorar os seus 30 anos de traxectoria musical. A "suite sinfónica suicida" Land of Opportunity unirá o rock dos vigueses coa música contemporánea do Taller Atlántico Contemporáneo o próximo 4 de xaneiro ás 21:30 horas, con entradas á venda desde 12 euros.

Actuación do Coro Concento Vigo

mércores, 21 dec 2011

A Concellería de Cultura e Festas programa para o xoves, 22 de decembro, ás 21.00 horas un concerto de Nadal do Coro Concento de Vigo no Auditorio Municipal do Concello. Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.

Caballero presenta a nova edición do festival solidario Vigolandia, un "lugar de entretemento para toda a familia"

martes, 20 dec 2011

O alcalde de Vigo, xunto á concelleira de Cultura e ao xerente do IFEVI, presentou este martes a novena edición de Vigolandia, que celebrarase en Cotogrande do 26 ao 30 de decembro. O evento, que reúne a numerosos patrocinadores, ofrece un concurso de pintura, un espectáculo de maxia e múltiples actividades para nenos, adicando toda a recadación á asociacións solidarias de Vigo.

Actividade paralela da exposición YOU ARE NOT ALONE

Obradoiro‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’

luns, 19 dec 2011

Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o martes 20 de decembro terá lugar nas instalacións do MARCO o obradoiro titulado ‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’, impartido por Marimar Revuelta (axente de saúde en VIH/SIDA do Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO) e Antón Bouzas (educador social, coordinador do Grupo IMÁN CEDRO e terapeuta na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo).

Actuación Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo

luns, 19 dec 2011

Actuación da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo o 20 de decembro no Auditorio Municipal do Concello, ás 20 horas.Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.<br />

Ocio e cultura

venres, 16 dec 2011

Esta fin de semana o Concello programa nunha ampla oferta de actividades de ocio e cultura para todos os públicos. Toda a oferta municipal en vigocultura.org

Bases do VI concurso do carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo

venres, 16 dec 2011

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2012, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (AVC Casco Vello) en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo.O prazo de presentación é do 10 de decembro do 2011 ao 13 de xaneiro do 2012. <br />

Show circense Galtük, dende o venres en Samil

xoves, 15 dec 2011

A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato "Galtük". Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.<br />