Escoitar

Rap e electrónica na Constitución o mércores 1 con Kaixo Sama Vs Elecesar e Bflecha dentro do festival Son de Vigo

O mércores 1 de agosto será a noite do rap, da electrónica e dos djs con Kaixo Sama vs Elecesar, proposta que xunta a estes dous rapeiros que levan traballando xuntos máis de cinco anos, e Bflecha, dj, vocalista e produtora, habitual dos festivais de electrónica, como o Sónar de Barcelona, no que participou en 2010. Continúa o Festival Son de Vigo na Praza da Constitución ás 22.30h nesta xa terceira xornada.

martes, 31 xul 2012
1343732752kaixocesar.jpg
Kaixo vs Cesar
Kaixo e César levan traballando xuntos máis de cinco anos, son un equipo de directo que intenta levar a súa idea do rap a todos os campos posibles, un rap para todo tipo de persoas e persoalidades. Deron concertos por Galicia desde antes dos dezaoito anos, tocando cunha lenda do rap como Lil Dap (Group Home) ou con Termanology de New York en varios concertos, aparte de producir e organizar distintos eventos na cidade de Vigo desde o seu soporte Banana Bahia Music. En varios deles colgouse o cartel de sold out. Kaixo e César teñen unha idea clara, albiscan un optimismo musical para este país, o seu son camiña entre o abstracto e o concreto, dentro dun mundo tan pechado como é o rap, con demasiada sobrecarga de moralidade e mensajes dogmáticas, esquecendo o verdadeiramente importante, que é a música. En 2012 pegan un chimpo na súa carreira, e aventúranse a levar o seu producto a cidades como Zaragoza, Madrid, San Sebastian, Xixón, etc.

BFlecha é unha produtora, Dj e vocalista que vive en Vigo e que leva tras de si unha carreira considerable, pasando por diferentes estilos e formacións. Tras curtirse en escenarios da península (incluídos festivais como Sónar ou Urban Funke), Portugal, Alemaña e Reino Unido, decide centrarse no seu proxecto en solitario. O EP Qvasi Naves é o su regreso en Arkestra Discos, do que é cofundadora, que segue a liña do seu anterior traballo "Ceja De Carnival / Kosmic Lovers". Aleacións da decada dourada do pop español, R&B, electrónica contemporánea e clásicos de house na procura definitiva da música pop do século vinte e un. Os temas, totalmente producidos e escritos por BFlecha non só teñen o visto bo do Sónar 2010 e Sónar Sound Tokyo 2011 senón que tamén foron incluídos por DJs como Rustie (Warp, Uk) ou Sinden (Kiss Fm, Uk) nas súas sesións. Como DJ, podemos ver a súa parte máis lúdica e bailable, trazando liñas do presente ao futuro e saltando do electro-funk, italo disco ou latin freestyle ao disco contemporáneo, ou de clásicos do house de Chicago ás vertentes máis experimentais de UK como o dubstep ou o UK Funky, sen olvidar algunha perla de Pop ou New Wave dos oitenta, facendo un cóctel que fai imposible non mover os pes.


Programa Son de Vigo 2012:
Praza da Constitución
Luns 30 de xullo. 22.30h. Aries + The Blows
Martes 31 de xullo. 22.30h. Mónica de Nut + The Soul Jacket
Mércores 1 de agosto. 22.30h. Kaixo Sama VS Elecesar + Bflecha
Xoves 2 de agosto. 22.30h. Camarada Nimoy + Inculpados
Auditorio do Parque de Castrelos
Venres 3 de agosto. 23h. Os Resentidos + Siniestro Total
Entradas: 2 €
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

1343732752kaixocesar.jpg
1343732799bflecha.jpg
Descargar todas as imaxes