O Pleno insta á Xunta de Galicia a derogar a Lei de Area Metropolitana de Vigo
Socialistas e nacionalistas uniron os seus votos para reclamarlle á Xunta que derogue a Lei de Area Metropolitana de Vigo e elabore outra que non supoña custe neto para os cidadáns. O texto nacionalista insta ao Goberno autonómico a consiguir acordo institucional e evitar a duplicidade de servizos. O Partido Popular votou en contra.
O Pleno deu luz verde a unha moción do BNG, que se aprobou cunha emenda de adición do PSOE, na que se reclama á Xunta a derogación da lei de Area Metropolitana e a redacción dunha nova baseada nos principios de ningún custo neto para os cidadáns e que contemple a participación da Xunta e da Deputación no finanzamento do futuro ente.
O texto inicial, defendido polo BNG ao que se sumou a emenda socialista, insta ao Goberno autonómico a perfilar, de común acordo co resto dos concellos implicados, un plan de traballo consensuado que pasa necesariamente pola modificación desta lei. Neste plan de traballo consensuado deberían definirse os servizos míminos imprescindibles nos que se deberían empezar a traballar. Esta moción non tivo o apoio do Partido Popular.