O Pleno pide abrir as instalacións deportivas da ETEA e adxudicar do proxecto do túnel de Julián Estévez
A moción, presentada polo PP e aprobada coa unanimidade dos grupos políticos no Pleno deste luns, reclama do goberno local a apertura "urxente" das instalacións deportivas da ETEA, en Teis, e "proceder sen máis demora" á adxudicación do proxecto do túnel de Julián Estévez.
O texto presentado polo grupo municipal do Partido Popular demanda abrir estas instalacións como fora anunciado polo goberno local nunha visita á ETEA na finalización das obras de reparación das mesmas.
O túnel de Julián Estévez é "unha infraestrutura básica para a vertebración da zona de Guixar e para dar servizo ao Campus do Mar", indica o escrito, e ao Concello correspóndelle adxudicar a redación deste paso, en virtude do convenio rubricado en 2008. O Pleno acordou hoxe proceder a esta contratación.
Auditorio
Outro acordo proposto polo PP saíu adiante este luns -co apoio do BNG e a oposición do PSOE- relativa ao Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", concesión ampliada recentemente polo goberno local en 25 anos e cunha compensación económica suplementaria de 5 millóns para garantir o equilibrio financeiro da mesma.
A Corporación instou ao Concello a "paralizar" calquera ampliación da concesión e achega económica á entidade concesionaria pola "hipoteca" que supón para as arcas municipais.