Escoitar

O Concello contrata a 103 persoas de difícil inserción laboral para formarse en obra pública municipal

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este venres que o goberno local aprobou a contratación de persoal e obras a realizar polo programa VigoEmprega, que iníciase o 1 de setembro cun importe de 1,5 millóns para 2012 e 2013. O Concello contratará a 103 persoas por un ano, dándolles formación e experiencia laboral.

venres, 27 xul 2012
1343390537alcalde4.jpg
Abel Caballero explicou que esta iniciativa do Concello baséase na realización de obras e servizos de interese municipal a través da formación e contratación 103 persoas desempregadas en Vigo con maiores necesidades sociais, prioritariamente xente nova e colectivos con dificultades de inserción laboral.

VigoEmprega permitirá, desde o 1 de setembro, a adquisición de experiencia profesional, no ámbito da obra pública, de desempregados da cidade. O alcalde apuntou que esta proposta municipal ten un orzamento de 1,5 millóns de euros para 2012 e 2013 e suporá a convocatoria de 103 prazas -63 peóns, 36 oficiais de oficios e 4 capataces- para contratos de ata un ano.

"Estamos nun proceso de xeración de emprego desde o Concello de Vigo, nun momento moi difícil, facemos do emprego a actuación central dos orzamentos", asegurou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes