Arranca o Festival Son de Vigo 2012 cos concertos de Aries e The Blows na Praza da Constitución
Os grupos locais toman desde o luns 30 de xullo o escenario da Praza da Constitución dentro da programación das festas co Festival Son de Vigo. Os encargados de abrir o programa son Aries e The Blows. Até o xoves 2 de agosto o concello propón un programa dobre no casco vello cos grupos de Vigo, que darán paso ao gran peche no Auditorio de Castrelos con Os Resentidos e Siniestro Total en directo o venres 3 de agosto.
O festival arranca o luns 30 de xullo ás 22.30h con dúas propostas: Aries e The Blows. Isabel Fernández Reviriego, bilbaína veciña de Vigo, está detrás de Aries e do traballo "Magia Bruta". Guitarrista, cantante e compositora, Isabel Fernández estivo á fronte de Charades, un grupo xurdido hai máis de dez anos que acadou grandes críticas e un público fiel que os encumiou como un dos grupos de pop de guitarras máis interesantes da península. Antes Isa Fernández xa formara Electrobikinis no seu Bilbao natal, grupo que formou parte do catálogo da discográfica independente Subterfuge e que, malia non ter unha vida moi longa, acadou un éxito máis que notable a través dos directos e, tamén, da publicidade televisiva. Isabel Fernández hai tempo que reside en Vigo, onde xestou e gravou boa parte do seu disco "Magia Bruta".
Na noite do luns 30 tamén será o momento de The Blows en Son de Vigo. En 2006 gravan a súa primeira maqueta e desde aquela emprenderon un camiño ben exitoso no pop rock da península. The Blows é a banda con maior percorrido fóra das fronteiras locais xurdida nos últimos anos cunha receita tan básica como efectiva: o boca a boca. O grupo, formado por Roy Basanta, voz, Bruno Mosquera e Tarci Ávila, guitarras, Álex Lago no baixo e Manu Ares na batería, naceu con claras referencias ao momento musical e con conexións co que bandas como The Strokes ou Franz Ferdinand estaban a facer. Co seu primeiro disco oficial, Upskirts (2009), subiron aos escenarios de Paredes de Coura, BBK Bilbao Live ou Festival do Norte, entre outros; comezaron a acaparar premios e ser reclamados en practicamente todos os festivais pop da península. Veñen de presentar o seu último traballo, con temas en castelán, titulado Ejército de Fantasmas e para Son de Vigo é un pracer contar cunha banda que xa é parte da historia musical da cidade.
Da man dos grupos The Blows, Aries, Mónica de Nut, The Soul Jacket, Kaixo Sama VS Elecesar, Bflecha, Camarada Nimoy e Inculpados, o festival Son de Vigo quer ser un escaparate da creatividade musical da cidade. Un espazo propio e relevante para a música feita en Vigo dentro das festas de verán. Esta é a filosofía que impulsan á Alcaldía e ao departamento de Cultura e Festas co Festival Son de Vigo, un punto de encontro para os artistas que desde a cidade proxectan o seu traballo cara novos mercados e públicos. Artistas con traxectorias consolidadas no seu terreo, novos grupos que emerxen na escena local, propostas case descoñecidas na cidade que atopan eco fóra dela e, como guinda, un directo de dous dos grupos máis relevantes na historia musical viguesa e galega como son Siniestro Total e Os Resentidos. Ese é o menú do Festival Son de Vigo 2012.
Programa Son de Vigo 2012:
Praza da Constitución
Luns 30 de xullo. 22.30h. Aries + The Blows
Martes 31 de xullo. 22.30h. Mónica de Nut + The Soul Jacket
Mércores 1 de agosto. 22.30h. Kaixo Sama VS Elecesar + Bflecha
Xoves 2 de agosto. 22.30h. Camarada Nimoy + Inculpados
Auditorio do Parque de Castrelos
Venres 3 de agosto. 23h. Os Resentidos + Siniestro Total
Entradas: 2 €
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)
En facebook: https://www.facebook.com/sondevigo
En twitter: @sondevigo2012