Escoitar

Alcalde e concelleiros de Vigo aproban reducirse o 7,1% as súas retribucións

Á proposta do alcalde, Abel Caballero, todos os concelleiros municipais de Vigo decidiron aplicarse unha rebaixa do 7,1% nas súas retribucións, na sesión plenaria deste luns e en consonancia co recurte do Goberno de España aos empregados públicos.

luns, 30 xul 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xa anunciara o pasado 18 de xullo a súa proposta de aplicar a rebaixa dos soldos dos edís municipais equivalente á supresión da paga extra aos empregados públicos decretada polo Goberno de España.

Hoxe luns, durante o Pleno da Corporación correspondente ao mes de xullo, os corporativos aprobaron por unanimidade a proposta da Alcaldía. O Real Decreto estatal contempla o recurte salarial dos funcionarios -que Caballero definiu de "intolerable"- mais non aos cargos públicos.