O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal "enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo"

mércores, 30 nov 2011

Abel Caballero, acompañado por concelleiros do goberno local, visitaron hoxe mércores a Pinacoteca Municipal na súa reapertura tras realizarse reparacións menores no edificio. O alcalde eloxiou esta dotación como "potenciador da cultura pictórica de Galicia e para o mundo" e apuntou un "segundo mérito importante" ao formar parte da recuperación do Casco Vello. A Pinacoteca permanecerá aberta en horario de mañá e tarde.

Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA

mércores, 30 nov 2011

Con motivo do día mundial contra a SIDA o museo MARCO organiza os días 1 e 2 de decembro diversas actividades en colaboración con entidades, asociacións e ONG. En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Conferencia de Carme Junyent no Verbum

martes, 29 nov 2011

" A diversidade lingüística actual: desafíos e oportunidades" é o título de conferencia que pronunciará o martes 29 de novembro ás 20.00 horas a profesora Carme Junyent no Verbum.Esta charla é unha das actividades propostas como complemento e afondamento na exposición "Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística".

Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886)

martes, 29 nov 2011

Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no bicentenario do seu nacemento durante un concerto que terá lugar no Auditorio Municipal o mércores 30 de novembro partir das 20.30 horas, con acceso gratuíto. Para poder asistir ao concerto haberá que recoller as invitacións no despacho de billetes a partir das 19:30 horas e até as 19:50 h (máximo de invitacións por persoa: 6).<br />

Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886)

luns, 28 nov 2011

Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no cumprimento do bicentenario do seu nacemento. O concerto, que terá lugar no Auditorio Municipal, enmárcase nun ciclo organizado pola Obra Social de Caja España-Caja Duero, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas de Vigo, e que se compón dun total de trece concertos por toda España.

Obradoiro de literatura e creatividade sobre Álvaro Cunqueiro

venres, 25 nov 2011

Vagalume Colectivo de Aventuras Teatrais presenta no VERBUM este obradoiro dirixido ao público en xeral, pero especialmente pensado para o profesorado de primaria, secundaria e bacharelato interesado en afondar, a través da técnica teatral, na figura de Álvaro Cunqueiro.

Comeza a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

venres, 25 nov 2011

A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, comeza a súa sétima edición o sábado 26 coa actuación da compañía Porta Aberta que representa a obra "Aquí non paga ninguén" no Centro Cultural de Beade.

XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, no Centro cultural de Valadares.O domingo 27, ás 19 horas terá lugar a final das xornadas.

Cine infantil no VERBUM, organizado por Igualdade

venres, 25 nov 2011

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan durante o este mes no VERBUM un ciclo de cine infantil, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A última das proxeccións terań lugar o domingo 27 de novembro ás 17,30 h. con entrada libre ata completar o aforo do local.