Escoitar

Suelen Estar Quartet: os sons contemporáneos do grupo vigués suben ao escenario de Imaxina Sons o martes 26 de xuño

O Festival de Jazz de Vigo continúa a súa oitava edición o martes 26 de xuño no escenario do MARCO ás 20.30h con Suelen Estar Quartet, unha formación xurdida na nosa cidade. Desde o punto de vista creativo, Suelen Estar Quartet é un dos proxectos máis interesantes xurdidos no ámbito musical en Galicia nos últimos tempos. Desde Vigo este cuarteto desenvolve un traballo de investigación ao redor da improvisación e dos sons contemporáneos. Macarena Montesinos, violoncello, Saul Puga, contrabaixo, Elena Vázquez, violín, e María José Pámpano, viola, uníronse para propoñer unha experiencia heteroxénea que envolve a audiencia.

luns, 25 xuñ 2012
1340616270suelenestarquertet.jpg
Suelen Estar Quartet
A organización de Imaxina Sons sente fachenda de contar con eles no escenario do MARCO, un palco ousado e experimental, nesta oitava edición. Preséntanse como un cuarteto de improvisación libre de corda frotada, nacido no seo da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) da que forman parte os catro. Non son nin moito menos un cuarteto clásico. Sen partituras todo o que crean é propio, inmediato, exclusivo e irrepetible. O seu obxectivo e crear unha linguaxe, un código común e único. "Unhas novas normas do xogo, para xogar ao xogo de sempre pero de forma diferentes", din.

Os catro músicos, de formación clásica, participan de maneira separada en proxectos dispares dedicándose nalgún caso ao rock, á música antiga ou ao jazz. De feito, como reflicte o seu nome, suelen estar aquí ou acolá. Como Suelen Estar Quartet na pasada edición do ALT Festival Alternativo das Artes Escénicas subiron ao escenario cun proxecto compartido coa bailarina Mónica García no que se puña de manifesto o seu traballo de investigación, acción e improvisación. Tamén o presentaron no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Nos últimos meses teñen demostrado en diferentes concertos polo país que son capaces de sorprender cada vez máis. Teñen trinta anos, son de Vigo, o seu nivel técnico é indudable e a súa capacidade creativa abraiante. Con eses vimbios, ao festival Imaxina Sons 2012 non lle quedaba outra que
incluílos no programa desta oitava edición.

No club Contrabajo (Venezuela, 82) o martes 26 é momento de Jazz na Noite a partir das 23h, co segundo concerto do contrabaixista Paco Charlín. Participa nesta oitava edición de Imaxina Sons co proxecto Jazz Frequency Group, no que fai unha homenaxe a grandes nomes do jazz como John Coltrane, Charlie Parker e Sonny Rollins. Docente no Seminario de Jazz de Pontevedra, Charlín actuou e gravou con músicos como Mark Turner, Donald Edwards, Aaron Goldberg, Bill Goodwin, Javier Vercher ou Bernardo Sassetti.
1340616270suelenestarquertet.jpg
1340616292pacocharl.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información