O Pleno aproba facer fronte a sentenzas xudiciais de 2006 e facturas atrasadas pendentes de pago
A Corporación Municipal deu este luns o seu visto bo ao pago total de 2,8 millóns de euros para cumplir con dúas sentenzas xudiciais do ano 2006 e facturas -tamén anteriores- pendentes de pago a proveedores, en base á recente normativa aprobada polo Goberno de España.
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, explicou que as dúas sentenzas xudiciais datan do ano 2006 e corresponden ao impago do IVE nunhas obras na Praza do Berbés e outra en favor da Comunidade de Montes de Beade pola expropiación de terreos para a ampliación da Cidade Universitaria.
No tocante as facturas anteriores, o Concello de Vigo cumpre así coa recente normativa aprobada polo Goberno de España de pago a proveedores, mais o goberno local non tivo que acudir ao plan de pago obrigado polo Estado por ter a cidade as "contas saneadas" e por tanto "recursos suficientes", en verbas de Díaz, para afrontalos.
Os grupos políticos na oposición, PP e o BNG, criticaron a inclusión destas modificacións orzamentarias poucas semanas despois da aprobación do orzamento municipal de 2012 e non ter contemplados estes pagos no propio documento.
Plan Económico Financeiro
Por outra banda, a Corporación viguesa validou a aprobación dun Plan Económico e Financeiro para este ano, un "acto administrativo" que correxirá a inestabilidade orzamentaria derivada por impagos, antes do pasado 31 de decembro, da Xunta de Galicia e do Goberno de España.
A edil de Economía e Facenda revelou que o informe de Intervención municipal apunta a unha situación "conxuntural" e non estrutural que normalízase co propio orzamento do Concello de 2012 e criticou á administración autonómica por non facer fronte aos pagos antes de finalizar o pasado ano, obrigando á práctica totalidade dos concellos galegos a elaborar un Plan destas características.