Escoitar

O Pleno solicita a convocatoria da Comisión de Vixiancia da Contratación

Todos os grupos políticos deciron hoxe luns solicitar a convocatoria da Comisión de Vixiancia da Contratación, seguindo o regulamento orgánico do Concello, para garantir os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e eficacia na contratación pública.

luns, 25 xuñ 2012
Unha moción do PP recibiu esta mañá o apoio do BNG e do PSOE para solicitar a convocatoria da Comisión de Vixiancia da contratación, facilitando aos grupos municpais toda a información necesaria e coa antelación suficiente para poidan cumprir cos obxectivos da comisión. O texto fai especial fincapé no relativo aos contratos menores que non son obxecto da mesa de contratacíon. Na mesmo texto, solicítase a convocatoria da Comisión de Seguimento co fin de avaliar a xestión do alcalde, da Xunta de Goberno local e dos membros do equipo de goberno que ostentes delegacións.

Durante a sesión plenaria desta mañá tamén se aprobou por unanimidade outra moción do PP na que solicita a modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. O obxectivo, segundo o texto, é aforrar no consumo de auga e que os vigueses paguen pola auga que consumen.