Escoitar

O Concello adxudica as prazas para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa 2012

Esta iniciativa didáctica ten como obxectivo primordial ofrecer aos alumnos/as de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo

luns, 25 xuñ 2012
O Goberno municipal adxudicou as prazas para a participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (VIGO EN INGLÉS 2012). Logo dos positivos resultados acadados polo Programa de Inmersión en Lingua Inglesa VIGO EN INGLÉS nas anteriores edicións, esta iniciativa didáctica municipal tenta seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, e unha vez máis tivo unha excelente acollida por parte da comunidade educativa da nosa cidade, que se traduce na presentación dun total de 653 solicitudes (330 correspondentes á rede pública, 309 correspondentes á rede concertada e 14 solicitudes excluidas por non cumprir os requisitos esixidos na convocatoria). Das 315 prazas adxudicadas, consonte á oferta establecida nas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 16/04/2012, 220 corresponden a beneficiarios/as da rede pública e 95 corresponden a beneficiarios/as da rede concertada., xerándose unha lista de agarda de 110 solicitudes na rede pública e outra lista de agarda de 214 solicitudes na rede concertada.

Dito programa, destinado a alumnado de 3.º de ESO de centros educativos sostidos con fondos públicos de Vigo, oferta un máximo de 315 prazas para realizar estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.
As prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrionas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.