Escoitar

Exposición "No país das vacas" de Xurxo Lobato

Ata o xoves 26 de xullo, estará exposta na praza de Compostela a obra do artista Xurxo Lobato titulada "No país das vacas", que ten por obxecto pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural; a mostra ten un carácter divulgativo sobre o mundo da vaca en Galicia e pretende ser un tributo visual, explicar como vive, de que vive e quen vive dela, e poñer en valor o sector gandeiro galego.

luns, 25 xuñ 2012
1340625235vacas.jpg
A exposición, patrocinada por Larsa , conta con 132 imaxes distribuídas en 6 cubos e unha silueta dunha vaca. Foxen do bucolismo para adoptar un carácter divulgativo que sitúa á vaca como referente do desenvolvemento rural. A mostra pretende contribuír con estas imaxes a que a cidadanía tome conciencia da riqueza económica e social que a vaca xera en Galicia.

A mostra inaugurouse no museo do Pobo Galego en Santiago; continuou en Ourense, Vilagarcía de Arousa, Semana Verde de Galicia en Silleda; agora inaugúrase en Vigo, e despois seguirá en A Coruña, Pontevedra e Lugo. Estará exposta ata o 26 de xullo.
Descargar todas as imaxes

Máis información