Escoitar

A Corporación pide a apertura do Centro Galego de Fotografía "no prazo máis breve posible"

A moción presentada polo grupo municipal nacionalista, e aprobada pola unanimidade dos corporativos, reclama do goberno local a apertura deste centro, realizando as xestións oportunas ante a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Goberno de España para "conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento".

luns, 25 xuñ 2012
O texto aprobado demanda igualmente ao goberno de Vigo que, de non conseguir recursos doutras administracións para o Centro Galego de Fotografía, presentar ao longo do presente ano unha modificación orzamentaria para dotalo dunha partida económica, ao non figurar nas contas en vigor.

Accesibilidade
Tamén polo acordo da totalidade da Corporación obtivo luz verde un acordo en materia de accesibilidade e participación activa da xente con algunha discapacidade. A partir dunha moción do grupo municipal do Partido Popular e enmendada na súa totalidade polo BNG, o Pleno solicitou do Concello "garantir a accesibilidade de todas as persoas con algún tipo de discapacidade en todas as zonas de xogo dos parques da cidade, instalando asimesmo os distintos elementos que permitan disfrutar do lecer a estas persoas".

O texto insta a "promover" a súa "participación activa" nas actividades municipais, fomentando asimesmo outras "propias para que estes nenos e nenas poidan disfrutar do lecer na nosa cidade".