xoves, 13 out 2011
Chrystyan Magic e o grupo de música Álvaro Muras traen o seu espectáculo de entretemento e maxia ao Auditorio Municipal o venres, día 14, ás 21 horas, dentro da programación de teatro da Concellería de Cultura.
luns, 10 out 2011
O Verbum acolle o martes 11, o inicio da 2ª edición do obradoiro "Novas tendencias do pensamento contemporáneo" organizado polo colectivo Proxecto Derriba e que se desenvolverá os martes e xoves de outubro, en horario de 18 a 19.30.
venres, 7 out 2011
O Verbum comeza de novo os seus obradoiros dominicais para nenos e familias. A primeira sesión será o domingo 9 de outubro e nesta ocasión dedicarase o mes a uns talleres nos que se traballarán temas de imaxinación e creatividade. A actividade está orientada a menores de 5 a 12 anos e familias, con entrada gratuíta ata completar aforamento (50 persoas) en horario de 12 a 13.30 horas.
venres, 7 out 2011
Abel Caballero anunciou este venres que o CAT pasará a ser xestionado desde o Museo Liste, o centro etnográfico da cidade, un cambio que aforrará 100.000 euros ás arcas municipais e non conlevará modificación algunha sobre o ofertado ata o momento. Segundo explicou, manterase o alumnado e todos os cursos na sede do Centro de Artesanía Tradicional, cun custe de 40.000 euros, polos 140.000 anteriores.
mércores, 5 out 2011
Coincidindo co 40 aniversario do seu nacemento, Médicos Sin Fronteras (MSF) inaugura, gracias á Concellería de Cultura, festas e políticas do Benestar, o 5 de outubro, na Casa das Artes de Vigo, a exposición "40 Anos de Acción Humanitaria Independente", unha mostra fotográfica que repasa a historia da organización, así como os principios que guiaron o seu traballo durante as últimas décadas. A exposición inaugurouse esta mañá coa asistencia de Abel Caballero, alcalde de Vigo e Fran Román, expatriado de MSF e poderase visitar ata o vindeiro 23 de outubro.
martes, 4 out 2011
"O Universo: física e filosofía" e o tema central das XX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e que se celebran os días 4,5 e 6 de outubro no auditorio municipal. Os ponentes das xornadas son expertos nos temas do Universo, tanto desde a súa visión filosófica como física e astronómica.
venres, 30 set 2011
A Fundación Laxeiro presenta "No me escribas, tampoco verte", unha videoinstalación do artista pepebeas (Córdoba, Arxentina, 1955) que se inscribe dentro do proxecto Entre mares, unha colaboración da fundacion co Collblanc espai d’art de Castellón.
venres, 30 set 2011
A compañía Marie de Jongh subirá ao escenario do Auditorio Municipal o domingo 2 de outubro ás 18 horas para retratar en "Humanos" a dous robots aparentemente humanos que recrean condutas humanas onde nada é para sempre. Prezo: adultos 5 €, menores de 12 anos 3 €
xoves, 29 set 2011
O Verbum – Casa das palabras presentou hoxe no Concello de Vigo o seu programa para o que queda de 2011. A concelleira de cultura Isaura Abelairas debullou o programa e as diferentes actividades do<br />
museo, relacionado con todas as artes e formas da comunicación.
xoves, 29 set 2011
A compañía El Óbalo Producciones nos ofrece unha obra de amor e desamor entre Torvalo e Angélica, na que a clave da trama a pon o chantaxe do seu irmá xemelgo Reinaldo. A representación terá lugar o venres 30 de setembro ás 21 horas no Auditorio Municipal. Prezo 7euros.