O Concello pon "en valor" os museos de Vigo con actividades gratuítas polo Día Internacional
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o Pazo Museo Quiñones de León polo Día Internacional dos Museos, xornada para "pór en valor os museos de Vigo". Para celebrar esta data, Caballero recordou que o de Castrelos, o MARCO e a Pinacoteca acollen actividades especiais para todos os públicos.
O primeiro edil valorou a "especial" rede museística viguesa, con pezas "moi notables" nas súas distintas sedes, en particular no Pazo Museo Quiñones de León, que acolle unha "excepcional colección de mobiliario dos séculos XVII, XVIII e XIX".
O devandito museo de Castrelos ofrece visitas guiadas e un concerto nocturno ás 23 horas deste venres a cargo dun grupo de folc. Para esta fin de semana, a Pinacoteca municipal e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo tamén programan actividades, de carácter musical, infantil e divulgativo.
O alcalde fixo fincapé na "vocación" do goberno local de "seguir adiante no impulso do ámbito museístico da cidade de Vigo" e recordou que o Museo Liste retomará a súa mostra etnográfica tras a aprobación definitiva do orzamento municipal, asumindo ademais a xestión do Centro de Artesanía Tradicional, que ofrecerá a formación no Casco Vello.
Descargar todas as imaxes