Escoitar

Caballero reitera a "urxente" necesidade de ampliación do colexio Castelao de Navia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu hoxe venres na "urxente" necesidade de ampliación que ten o CEIP Castelao de Navia, un barrio que "xa é unha grandes zonas de desenvolvemento de Vigo", na que viven 5.000 persoas.

venres, 18 mai 2012
1337341599navia.JPG
O alcalde, nunha visita anterior a Navia
O CEIP Castelao de Navia precisa con "urxencia" ser ampliado, tal e como lle solicitou o rexedor ao presidente da Xunta, en reiteradas ocasións. Unha petición á que hai que sumar a necesidade de cubrir o patio do centro educativo. Frente a estas carencias, dixo o rexedor, o único compromiso da Xunta de Galicia pasa por facer un estudo para valorar unha mellora da acústica do ximnasio. Caballero insiste no feito de que Navia é "unha grande zona de desenvolvento de Vigo", na que viven 5.000 persoas e moitos nenos en edad escolar e, polo tanto, con moitas necesidedes educativas.
Descargar todas as imaxes