Escoitar

A Mostra de cine xuvenil presenta o mellor cine feito por adolescentes

A Mostra de cine xuvenil é unha actividade organizada pola Asociación Xuvenil Musiquina 33mg, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, que pretende motivar e formar os mozos e mozas na cultura audiovisual. Coa mostra querese visualizar os traballos que se están a realizar en multitude de obradoiros de audiovisuais ao longo de toda a comunidade.A mostra terá lugar o 25 de maio entre as 10:00 e as 13:00 horas no auditorio do Centro Cívico de Teis, en Vigo (Camiño Maceiras s/n).

mércores, 23 mai 2012
1337766372cinexuvenil.jpg
Na mostra proxectaranse 8 producións que serán presentadas colectivamente polo alumnado participante. Toda a actividade estará dinamizada polo artista galego de Hip Hop Pániko en las calles. Para rematar, os mozos e mozas participantes poderán conversar coa directora de cine e coordinadora do Festival Primavera do Cine en Vigo, Ana Laura Pereira.

Ana Laura Pereira é cineasta e coordinadora do Festival Primavera do Cine. Directora de 9 películas, gañou o Gran Premio do Festival internacional de Cine Documental Santiago Álvarez de Cuba e o Premio Nacional de Comunicación para la Paz de Venezuela, entre outros.

A mostra terá lugar o 25 de maio entre as 10:00 e as 13:00 horas no auditorio do Centro Cívico de Teis, en Vigo (Camiño Maceiras s/n).

Todas as producións seleccionadas están realizadas por mozos e mozas entre os 12 e os 20 anos.

A continuación figura unha lista das obras seleccionadas:

- O abrigo de Marta. IES Allariz.
- Luca. IES Allariz.
- As mazás casamenteiras. IES Mosteirón. Sada
- Na oficina de obxectos perdidos. IES Mosteirón. Sada http://geneticfilms.wordpress.com/
- Vidas en sombra. IES Cacheiras. Teo www.aturuxofilms.wordpress.com
- Animais artificiais. IES MANUEL GARCÍA BARROS. A Estrada.
http://animaisartificiaismgb.blogspot.com.es/
- Yo sé de un sitio. IES Sabón. Arteixo.
- Aquela noite. IES Ramón Cabanillas. Cambados.
Descargar todas as imaxes