"A máquina de escribir. Colección Sirvent" nova exposición da Casa das Artes

mércores, 11 feb 2015

O xoves, 12 de febreiro, inaugúrase ás 20:00 h na planta baixa da Casa das Artes a exposición "A máquina de escribir. Colección Sirvent". Promovida pola Concellería de Cultura, Festas e Museos e comisariada por Alfredo Sirvent e Mónica Maneiro, permitirá ao espectador achegarse ao universo da máquina de escribir en relación á súa importancia histórica no desenvolvemento do mundo da industria e o traballo.

II Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo

martes, 10 feb 2015

O Museo Liste de Vigo abre a convocatoria que rexerá o II Concurso Fotográfico, co que pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. O tema proposto para este ano responde ao lema "Vigo: vestixios do pasado".

Actividade no Auditorio Municipal da fin de semana

xoves, 29 xan 2015

Esta fin de semana o Auditorio Municipal contará con diversas actividades, que inclúen teatro, música e proxeccións, e que contan coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos:VENRES 30, 21:00 h: PINGA TEATRO, "EGO"SÁBADO 31, 20:30 h: Concerto de LULAVAI - DOMINGO 1, 20:00 h: Proxección curtametraxe "DEBER"

Programación Museo Liste e CAT para o primeiro trimestre

xoves, 15 xan 2015

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración do Concello de Vigo, presenta a súa programación para o cuarto trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.

A Alcaldía exhibe as obras de tres artistas reunidas en Feminino Singular

mércores, 14 xan 2015

Abel Caballero inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, o ciclo que leva aos espazos da Alcaldía obras de recoñecidos artistas da cidade. Nesta ocasión, a exposición leva por título Feminino Singular, con 24 obras de 3 creadoras, Pilar Gova, Rosario Palacios e Novais, "cunha visión expresionista excepcional", en verbas do rexedor.

Caballero augura "longa vida" á actividade museística moderna que ofrece o MARCO

xoves, 8 xan 2015

O alcalde de Vigo eloxiou o funcionamento e os contidos do museo Marco para este ano 2015, tal e como dixo na rolda de prensa de presentación da programación. No encontro cos medios de comunicación, aproveitou para criticar ás administracións que recortaron ou suprimiron a súa cooperación económica co museo vigués, en clara alusión á Xunta, ao Ministerio de Cultura e á Deputación de Pontevedra.