xoves, 11 dec 2014
Cinco rondallas de Vigo participan na primeira edición deste festival, que dará comezo con pasarrúas desde distintos puntos do entorno das Travesas para confluir no pavillón cun espectáculo de entrada gratuita. O alcalde, Abel Caballero, o presidente da Agrupación de Centros Culturais e Deportivos, Roberto Giráldez, e representantes das formacións que participarán presentaron este xoves o evento.
mércores, 10 dec 2014
O Concello de Vigo colabora co Festival de curtametraxes, animación e documental "Consecuencias", que se celebra no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), onde se exhibirán algúns dos traballos máis relevantes realizados en España entre 2013 e 2014. Entre as seleccionadas pola organización están Casitas, de Javier Marco; Deil, de David Rodríguez Muñiz e El hombre de Chernóbil, de Pedro Terrero.
venres, 5 dec 2014
Este venres o alcalde mantivo unha reunión cos responsables da Orquestra Clásica de Vigo, cita na que acordaron celebrar as tres décadas que a formación musical cumpre o próximo ano con propostas como a celebración de concertos de música clásica en igrexas durante a Semana Santa, entre outras.
mércores, 3 dec 2014
Abel Caballero anunciou este mércores a decisión municipal de abrir a biblioteca central en periodo de exames en horario nocturno e as fins de semana. Desde o próximo martes, 9 de decembro, e ata mediados ou finais de xaneiro, os estudantes terán aberto o recinto de luns a vernres ata a unha da madrugada, os sábados ata as dez da noite e os domingos ata as dous do mediodía.
mércores, 3 dec 2014
O relatorio terá lugar este xoves, 4 de decembro, ás 19 horas, a cargo de Carlos F. Balseiro, experto meteorólogo e promotor da web galega 4gotas.com. Na conferencia, Balseiro repasará o clima que afectou a cidade e degranará as probabilidades que se plantexan para o clima futuro en Vigo. Farase especial fincapé nas particulares características que ten a cidade, as diferenzas coa sua contorna, os microclimas dentro do propio concello (comparativa entre o clima da cidade, de Peinador e das Illas Cíes) e das dificultades a hora de predicir o tempo na cidade.
martes, 2 dec 2014
O alcalde participou este martes na visita oficial realizada pola ministra de Agricultura, Alimentación e Medioambiente á exposición promovida por Anfaco no seu 110 aniversario, en colaboración co Concello de Vigo, na Casa das Artes. o secretario xeral de Anfaco guiou ás autoridades pola mostra, coa presenza tamén do presidente da Xunta de Galicia.
xoves, 27 nov 2014
A compañía galega de teatro Chévere gañadora do Premio Nacional de Teatro 2014 está incluida na programación de Vigocultura que se desenvolve no Auditorio Municipal, e actúa este venres día 28 de novembro coa obra "ultrapremiada" nos últimos María Casares "Eurozone"
xoves, 27 nov 2014
O Festival Sinsal volve a Vigo o 6 de decembro na súa edición 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola "diferenza, a sorpresa e o eclecticismo". Na rolda de presentación, Caballero felicitou aos organizadores e amosou a súa "satisfacción " por poder cooperar de novo cun certame consolidado xa na cidade.
venres, 21 nov 2014
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou hoxe venres a película xunto ao seu director, o vigués Fran Araújo. Despois da súa boa acollida en festivais nacionais e internacionais, o Concello de Vigo programa a súa proxección para este sábado, ás 20:30h no Auditorio Municipal, con entrada de balde ata completar aforo.
venres, 21 nov 2014
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este venres o concerto de Sharon Jones, mañá ás 21:30h no Auditorio Mar de Vigo, sendo a única parada e a primeira vez que visita Galicia. O Concello colabora coa productora Sweet Nocturna na realización deste evento, con entradas dispoñibles a 18 euros máis gastos.