Programación da Biblioteca Municipal Neira Vilas para primeiro trimestre de 2015

mércores, 7 xan 2015

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" (r/ Martínez Garrido, 21) presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2015, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as xa habituais como "As tardes do Roque", "A hora dos contos", "Contos Dakí" ou "Entre arrolos e contiños", ademais do clube de lectura.

Resultado do sorteo do concurso "Vente cos Reis Magos 2015"

luns, 22 dec 2014

Esta mañá, ás 12:00 h, celebrouse no auditorio municipal do Concello o sorteo correspondente ao concurso "Vente cos Reis Magos 2015", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As nenas e nenos repartiranse nas tres carrozas reais e na do Carteiro Real.

Concerto de Nadal de XARABAL+PELEPAU

xoves, 18 dec 2014

A Concellería de Cultura, Festas e Museos organiza un Concerto de Nadal a cargo da Banda de Gaitas XARABAL, que contará coa participación do grupo PELEPAU; o concerto terá lugar este venres 19 de decembro, ás 20:30 h, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), con entrada libre ata completar aforamento.

Inauguración exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda" na Casa Galega da Cultura

martes, 16 dec 2014

O mércores 17 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.Os creadores procuran dar resposta aos problemas e as sensibilidades do momento, ou polo menos facerse as preguntas, cuestionar e cuestionarse. Hoxe moitas das preguntas que se fai o deseño teñen que ver coa súa propia natureza, a súa linguaxe, e coa sustentabilidade e mesmo coa ética do seu sistema produtivo.