martes, 8 out 2013
A Fundación Igual Arte inaugura o Festival artístico 10º Aniversario que se celebrará o martes 8 de outubro ás 19.30h no Auditorio do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo coa a estrea da película "65-80%".A entrada a este acto é gratuita. O Festival continuará os días 9, 10 e 11 de no AUDITORIO MUNICIPAL CONCELLO DE VIGO coa representación das obras gañadoras do Certame artístico Igual Arte nas categorías de teatro, danza, audiovisual, música e plástica.
martes, 8 out 2013
Oito actuacións para nenos e outras tantas para adultos conforman a programación do Auditorio Municipal que arranca o venres, 1 de novembro. Carlos López Font presentou hoxe martes unha programación á que o Concello aporta 55.000 euros.
venres, 4 out 2013
A Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, os días 5 e 7 de outubro, debido aos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O martes día 8, a biblioteca xa funcionará con normalidade.
xoves, 3 out 2013
O salón de actos do MARCO acolle o venres 4 outubro, ás 20.00, a presentación do libro "Mis padres: Romeo y Julieta". No acto interveñén Xosé Mª Álvarez Cáccamo e o autor Pablo Fidalgo Lareo que <br />
é un dos artistas participantes na exposición VERANEANTES, que o venres 11 de outubro se inaugurará nas salas da planta baixa do MARCO. A exposición inclúe un programa de artes escénicas e cinema (‘Material Memoria’), comisariado por Fidalgo, que terá lugar cada fin de semana nun dos Patios da planta baixa. Como inicio do devandito programa, o día 12 de outubro estrearase a súa performance O estado salvaxe. Espanha 1939, directamente relacionada co libro que este venres se presenta no salón de actos do Museo.
xoves, 3 out 2013
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o derradeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e actividades especiais.
martes, 1 out 2013
Hoxe martes 1 de outubro presentouse a primeira edición do festival VertixeVIGO'13, organizado por Musicadhoy S.L., Vértixe Sonora e o Instituto Galego de Sonoloxía; o festival, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, inaugurarase mañá mércores día 2, ás 20:00 h, no espazo Sirvent (r/ Gran Vía, 129 ) e estenderase ata o 30 de novembro.
venres, 27 set 2013
O Festival Chámalle X chega á súa décima edición, cunha selección dos artistas galegos que pasaron polo Festival nestes dez años de traxectoria ininterrompida. A xornada de clausura terá lugar o venres 27 ás 20.30 h no salón de actos do MARCO, coa performance titulada ‘EL GUARDIÁN’, de Félix Fernández.
venres, 27 set 2013
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas", sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de outono, para o período outubro-decembro, que inclúe actividades, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as mostras bibliográficas: "SUPERHEROES", do 7 de outubro ao 2 de novembro; "SAMAÍN", do 28 de outubro ao 2 de novembro; "O BO SE BREVE...", do 4 ao 30 de novembro; "DO INCUNABLE AO EBOOK", do 2 ao 30 de decembro; e "NADAL", do 16 de decembro ao 7 de xaneiro.
venres, 27 set 2013
No acto de inaguración, presidido na tarde de onte xoves polo alcalde de Vigo, déronse a coñecer os tres gañadores e os catro accésits concedidos. A exposición, aberta ata o 13 de outubro, recolle todas as fotografías presentadas baixo os temas "Estrela", "Negra Sombra", "Baleiro" e "Salto"
xoves, 26 set 2013
O venres 27 de setembro, ás 20:00 h, representase no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, s/n) a obra MOMO, un espectáculo de teatro xestual que xorde da adaptación da novela de Michael Ende. Esta proposta, apta para todos os públicos, fálanos do concepto do tempo e de como é usado polos homes nas sociedades modernas.