Exposición "NOWHERE. Propostas fóra de lugar" na Casa das Artes

xoves, 8 ago 2013

A Concellería de Cultura e Festas organiza, dentro do programa cultural A Noite Branca, a exposición "NOWHERE. Propostas fóra de lugar", que se inaugura na Casa das Artes o 9 de agosto e que estará aberta ao público ata o 8 de setembro. A exposición está comisariada por David Barro e conta coa participación dos artistas Jesús Madriñán, Fluzo, Suso Fandiño, Pelucas, Beatriz Lobo, Armando G. e Nacho Alonso.

O actor Ángel Simón muda nun decimonónico guía de museo para facer unha visita guiada dramatizada pola Colección Permanente da Fundación Laxeiro

A FUNDACIÓN LAXEIRO presenta CADROS DUNHA EXPOSICIÓN<br /> Unha visita guiada dramatizada por ÁNGEL SIMÓN<br />

xoves, 8 ago 2013

O día 9 de agosto, ás 24.00h e, dentro do programa Noite branca, organizado polo concello de Vigo, a Fundación Laxeiro ofrecerá unha visita guiada á Colección permanente, da man do actor Ángel Simón (Ferrol, 1967) quen, convertido nun vetusto guía-conservador de museo que vive na Fundación Laxeiro dende o século XIX, ofrecerá un divertido percorrido polas sesenta e catro obras que conforman a Colección permanente, comentando detalles e anécdotas das obras máis importantes da Colección, interaccionando co público asistente e contando tamén detalles e anécdotas da vida de Laxeiro.

Sábado de festas gastronómicas e concerto da Coral Casablanca

venres, 2 ago 2013

A coral Casablanca ofrecerá mañá sábado 3 de agosto ás 23 da noite, no Auditorio de Castrelos, un concerto onde o cine será o protagonista. Ademáis a Festa da Sardiña abrírá o ciclo adicado ás festas gastronómicas, na Carballeira da Guía a partir das 10 da mañá.

Nova data do concerto de Pablo Alborán

venres, 26 xul 2013

O concerto do artista Pablo Alborán, previsto nun principio para este domingo día 28 no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI (avenida do Aeroporto, 772-Cotogrande), tense aprazado para o mércores 14 de agosto, pola traxedia acontecida o pasado mércores en Santiago de Compostela. O concerto, organizado pola empresa Categórica Produccións, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas e inclúese no programa VIGO EN FESTAS 2013.