A biblioteca Neira Vilas oferta servizos especiais de préstamo para persoas con mobilidade reducida
Caballero avanzou hoxe xoves os servizos especiais que oferta a biblioteca Neira Vilas para persoas con mobilidade reducida ou entidades que traballan con discapacitados temporais ou permanentes. Así o explicou durante unha visita a esta instalación municipal no Día das Bibliotecas.
A bilioteca Neira Vilas dispón de dous novos servizos de préstamo, ademais dunha novidosa páxina web www.bibliotecaneiravilas.vigo.org que permite obter todo tipo de información sobre os fondos, así como realizar moitos trámites a través da rede. Así o explicou esta mañá de xoves Abel Caballero durante unha visita a estas instalacións municipais con motivo da celebración do Día das Bibliotecas.
O "éxito anunciado" deste centro cultural, dixo, ven ratificar a importante demanda que hai en Vigo, polo que o Concello segue a pontenciar a Neira Vilas, que está en constante renovación. Os servizos de préstamos especiais para entidades e personas con autonomía reducida teñen como obxectivo facilitar o acceso aos recursos do centro. A colaboración con entidades, como hospitais, establecese a través dun representante que realiza os préstamos (hasta trinta volumes de cada vez) para distribuilos entre os seus usuarios. As persoas con mobilidade reducida, maiores de 80 anos ou discapacitados de forma temporal ou permanente poden designar a unha persoa para realizar os seus préstamos e, no caso de non contar con este representante, o Concello, a través dos seus voluntarios, llos achegará a casa.
Respecto dos datos de afluencia, Caballero destacou o número de usuairos, preto de 300.000 desde 2011, case 11.000 socios (no 2011 había apenas 3.000) e case 150.000 préstamos.
Descargar todas as imaxes