Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 23 out 2014
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 24 DE OUTUBRO DE 2014.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 10 de outubro e extraordinaria e urxente do 15 de outubro de 2014.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de Sentenzas, Decretos e Autos:

a) Decreto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 177/2014 P.A. Demandante: D. RICARDO MARTÍN RODRÍGUEZ. Obxecto: Desestimación presunta de responsabilidade patrimonial administrativa, reclamación do 14.11.13, filtracións de auga no local, rúa Sanjurjo Badía 148 soto /Santander 25. Expte. 8694/111. Desestimento do demandante.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 163/2013 P.O. Demandante: BANCO POPULAR E.S.A. Obxecto: Resolución do 22.3.13 do TE-A do Concello de Vigo. Requirimento de información da Inspección de Tributos. Expte. 877/111. Desestimado do recurso.

c)Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 279/2013 P.O. Demandante: D. ODILO MÉNDEZ PIÑEIRO. Obxecto: Resolución do 25.11.2013 (confirmatoria en reposición), responsabilidade patrimonial administrativa, accidente de moto o 11.10.2011 (mancha aceite). Desestimado o recurso. Expte. 8278/111.

d)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 101/2014 P.O. Demandante: UNIVERSIDADE DE VIGO. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 18.7.2013. Liquidación do IBI-2012. Desestimado o recurso. Expte. 8589/111.

e) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 223/2014 P.A. Demandante: D. SANTIAGO ARENAS VILLAROEL. Obxecto: XGL 23.5.2014 (sobre alegacións do 8-1-2014). Bases específicas de 2 prazas de "Inspector Principal" de Policía Municipal OEP 2010 (esixencia de diplomatura universitaria). Declara a caducidade do procedemento. Expte. 8752/111.


f) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 119/2008 P.O. Demandante: "LA VOZ DE GALICIA, S.A.". Obxecto: Desestimación presunta de reclamación do 12.2.2008. Reclamación patrimonial administrativa (por discriminación en relación coa publicidade do Concello). Desestimado o recurso. Expte. 4886/111.

g) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 106/2014 P.A. Demandante: CONCELLO DE VIGO Obxecto: Resolución do 5.2.2014 da Consellería de M.A.T e I. Procedemento sancionador L. Augas ( Plan de Emerxencia ... encoro de Zamáns). Estimado o recurso. Expte. 8524/111.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 303/13 P.O. Demandante: D. EUSEBIO MOURE DA CUÑA. Obxecto: Resolución do 14.10.2013. Reclamación patrimonial administrativa, caída na vía pública o 15.2.2013 (alcorque). Desestimado o recurso. Expte. 8356/111.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 180/2012 P.O. Demandante: Dª IRIA M. ÁLVAREZ CANELLA. Obxecto: XGL 6.3.2012 (en alzada). Procedemento selección de auxiliares da Administración Xeral (OEP-2008). Desestimado o recurso. Expte. 7417/111.

CONTRATACIÓN
3.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras de humanización da rúa Alonso Ojeda-Teis. Expte. 2490/440.

4.- Clasificación de ofertas para a contratación das obras de humanización da Praza de Martínez Garrido (entre o camiño dos Medieros e o cño. Sobreiro, no Calvario). Expte. 2517/440.

5.- Devolución de fianza a favor de Mónica G.F. Expte. 4966/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
6.- Asistencia da xefa da Oficina Administrativa de Programación Cultural á Mostra Galicia Escena PRO" en comisión de servizo. Expte. 14760/331.

DEPORTES
7.- Proposta de autorización para a organización da "III Carreira Popular e Canicross Alejandro Gómez" o vindeiro 26 de outubro. Expte. 13422/333.

8.- Proposta de autorización para a organización do evento deportivo "Vigo contra el cáncer 2014" o vindeiro 26 de outubro. Expte. 13354/333.

EDUCACIÓN
9.- Bases da convocatoria das bolsas "Concello de Vigo" para estancias Lingüísticas no estranxeiro para alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, curso 2014-2015. Expte. 16332/332.

10.- Pago de dietas aos representantes municipais nos Consellos Escolares, mes de setembro 2014. Expte. 16383/332.

IGUALDADE
11.- Proxecto de convenio coa "Asociación Mulleres Progresistas para a execución do proxecto de intervención e apoio familiar coas usuarias da Rede municipal de vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero. Expte. 6445/224.

OSPIO
12.- Nomeamento de dirección facultativa da obra "Renovación da rede de saneamento nas rúas Mestre Chané e Montecelo Alto". Expte. 2710/443.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
13.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Novo Vigo para o fomento das actividades da entidade mediante o financiamento dos gasto de aluguer do local social, meses xaneiro a outubro do 2014. Expte. 6713/320.

14.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Gallega de Amigos del Rocío de Vigo para o fomento das actividades da entidade mediante o financiamento dos gasto de mantemento do local social, meses xaneiro a outubro do 2014. Expte. 6746/320.

15.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Diabéticos de Vigo (ADIVI) para o fomento das actividades da entidade mediante o financiamento dos gasto de aluguer e mantemento do local social, meses xaneiro a outubro do 2014. Expte. 6746/320.

RECURSOS HUMANOS
16.- Reclamación previa á vía xurisdicional laboral presentada por D. José Luis Amoedo Moreira en materia de recoñecemento de dereito e cantidades. Expte. 25422/220.

17.- Complemento produtividade dos condutores adscritos ao Gabinete da Alcaldía, correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2014. Expte. Núm.: 25725/220.

18.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentación (Vías e Obras), correspondentes ao mes de setembro de 2014. Expte. Núm.: 25741/220.

19.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentación (Parque Móbil), correspondentes ao mes de setembro de 2014. Expte. Núm.: 25742/220.

20.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección, correspondentes ao mes de setembro de 2014. Expte. Núm.: 25746/220.

21.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do Servizo de Cemiterios, correspondente ao mes de setembro de 2014. Expte. Núm.: 25747/220.

22.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do Servizo de Cemiterios, correspondentes ao mes de setembro de 2014. Expte. Núm.: 25748/220.

23.- Dar conta da Resolución sobre aceptación da renuncia de Dna. Mª Dolores Montenegro Gregorio ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como alguacil-notificadora, con data de efectos de 19.10.2014. Expte. 25765/220.

SEGURIDADE
24.- Devolución de fianzas:
a) Entidade Local Menor de Bembrive. Expte. 90060/210.
b) Comisión de Festas Nosa Sra. Das Neves A Guía. Expte. 90234/210.
c) Agrupación de Festas de Vigo. Expte. 89975/210.
d) Comisión de Festas Virxe dos Afrixidos. Expte. 90453/210.
c) A. Sociedade de Festas do Carme do Vao. Expte. 90274/210.

XUVENTUDE
25.- Indemnizacións substitutiva por importe de 13.718,29 € a favor da Fundación de Estudos e Análise Fesán pola Prestación do servizo de atención a nenos e nenas nos Espazos de Tempo Libre de Casa da Xuventude e Pavillón de Coia- setembro 2014. Expte. 4300/336.

26.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 24 de outubro de 2014, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 24 de outubro de 2014.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.