Xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo"
A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organiza unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: " As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro. Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 24
A xornadas serán inauguradas o día 24 ás 16.45 horas polo alcalde Abel Caballero e a pola concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas. Ás 17 horas terá lugar o primeiro relatorio sobre "A violencia contra as mulleres: una cuestión de orde público" a cargo de Mar Esquembre, profesora de Dereito Constitucional na Universidade de Alicante e fundadora da Rede Feminista de Dereito Constitucional. Ás 18.30 horas o relatorio versará sobre "A nova misoxinia" por parte de Nuria Varela, escritora e xornalista, investigadora e profesora convidada na Universidade "Rey Juan Carlos".
O sábado, 25, ás 10 horas tratarase sobre os "Novos e vellos sexismos a través da linguaxe: por un contraargumentario feminista" por Olga Castro Vázquez. Ás 11 horas terá lugar unha mesa redonda sobre "Achegas e respostas do movemento feminista" na que participan Laura Quintas, da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia; Rosa Fontaiña, da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e Luisa O campo, de Mulheres Nacionalistas Galegas. A continuación, ás 12.30 horas o último relatorio será sobre "O papel das mulleres ante a crise financieira" por parte de Nieves Salobral, Máster en feminismo e Xénero e formadora en materia de economía feminista e violencia de xénero. Ás 13.45 conclusións e peche das xornadas.
Descargar todas as imaxes