O Concello concedeu na última semana 25.000 euros en axudas de emerxencia a familias sen recursos

mércores, 4 xuñ 2014

O alcalde informou dos apoios outorgados polo Concello de Vigo na última semana a familias sen recursos, que totalizan uns 25.000 euros para 36 achegas de alimentación, 25 ao aluguer, 7 para auga, 2 para evitar desafiuzamentos pagando as hipotecas e 17 máis para abonar a luz. Caballero sinalou que o Concello de Vigo é o municipio de España "con máis política social".

O Concello cooperará con Alborada na disposición dunha horta ecolóxica para rehabilitar ex toxicómanos

mércores, 4 xuñ 2014

O alcalde trasladou hoxe o apoio do goberno local ao proxecto dun horto urbano ecolóxico que sirva para incorporar ao mercado laboral para ex toxicómanos rehabilitados. Logo dun encontro cos promotores, a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Alborada, Caballero abogou por apoiar este programa de "sensibilización e de incorporacion ao mercado laboral de persoas que deixaron o mundo das drogas e precisan de incoporarse ao emprego".

O Concello outorgou na última semana decenas de axudas ao aluguer, alimentos, auga e luz a familias sen recursos

xoves, 29 mai 2014

Abel Caballero explicou este xoves que o goberno local, ao longo da última semana, concedeu a familias con escasos recursos económicos 20 axudas de emerxencia para o aluguer, 7 para abonar recibos da auga, outras 17 achegas para o pago da enerxía e 35 axudas para alimentación. O alcalde salientou que Vigo aplica "a política social máis de esquerdas que se fai en ningún municipio de España".

O Concello adica 50.000 euros ao servizo para drogodependentes que xestiona Médicos do Mundo en Vigo

venres, 23 mai 2014

Abel Caballero e a presidenta de Médicos do Mundo en Vigo asinaron esta mañá de venres un convenio de colaboración por 50.000 euros. Deste xeito, o Concello subvenciona o 40% de CEREDA, o Centro de Reducción de Daños que esta ONG xestiona en Vigo para atender a drogodependientes. Esta colaboración súmase á partida orzamentaria que as arcas municipais destinan ao CEDRO.

O Concello destina unha partida de 13.500 euros á loita contra os malos tratos

xoves, 22 mai 2014

Abel Caballero firmou hoxe xoves un convenio coa Rede de Mulleres polos Malos Tratos, que supón un apoio económico por valor de 13.500 euros destinados a promover as actividades da rede e á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. Esta subvención, compleméntase con outras actividades municipais na defensa das mulleres vítimas de malos tratos como é o Centro de Emerxencia para toda Galicia, financiado integramente polo Concello.

O Concello achega máis do 70% do orzamento anual do Cedro, "cubrindo os recortes da Xunta"

mércores, 21 mai 2014

O alcalde de Vigo explicou hoxe mércores que en 2013 o Concello achegou case o 71% do orzamento de CEDRO, sendo a asistencia sanitaria unha competencia exclusiva da administración autonómica. Tal e como indicou, as achegas da Xunta pasaron de 695.357 en 2009 euros a 454.067 euros en 2013, mentres que o Concello suple eses recortes aumentando as súa achegas ano tras ano.