O Concello cede un local de 600 metros cadrados á Asociación de Familiares de Alzheimer

luns, 18 xan 2016

Tras a reunión mantida este luns con responsables de AFAGA en Vigo, Abel Caballero informou da renovación do convenio de 18.000 euros coa entidade e da cesión dun local de 600 metros cadrados e doutro espazo ao carón do mesmo para realizar accións ao aire libre cos enfermos. Ademais, Vigo iniciará os trámites ante a Unión Europea para ser declarada cidade amiga da terceira idade.

O goberno de Vigo incrementa novamente a partida para axudas de emerxencia

mércores, 23 dec 2015

Abel Caballero anunciou este mércores un incremento de 10.000 euros para completar as axudas de emerxencia a familias en 2015. É o cuarto aumento da partida realizado polo Concello neste ano, que eleva o total adicado ao efecto a preto de 750.000 euros, aos que se engaden 2 millóns do chamado cheque social para pagos de vivenda, enerxía e alimentación.