Escoitar

O goberno de Vigo aproba a convocatoria de 25.000 euros para o bono-taxi

Caballero informou este venres da aprobación das bases e da convocatoria dun programa municipal destinado a apoiar económicamente a aquelas persoas que non poden utilizar o transporte colectivo por razóns de discapacidade. En función da renda, cada usuario pode recibir ata 300 euros para desprazarse en taxis adaptados.

venres, 3 mar 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión as bases e a convocatoria da edición 2017 do bono-taxi, un programa que subvenciona a mobilidade en taxis adaptados de persoas que, pola súa discapacidade, non pode acceder ao transporte colectivo.

A convocatoria deste ano conta cun orzamento total de 25.000 euros, explicou Caballero. Cada beneficiario poderá recibir ata 300 euros, en función de criterios de renda económica.

Intérprete
Por outra banda, o goberno da cidade tamén validou o proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo, segundo o cal o Concello achega 20.000 euros para que a entidade poida contratar os servizos dun intérprete de lingua de signos para contar coa súa asistencia en reunións, despachos profesionais, consultas médicas...