O Concello saca a exposición pública o proxecto Vialia e as expropiacións do IFEVI
Abel Caballero apuntou que o proxecto do Centro Vialia "camiña extraordinariamente ben" coa previsión de que ADIF poida adxudicalo a finais deste mes e, sobre a ampliación do IFEVI, dixo que o Concello traballa "o máis rápido posible" para que estea lista no vindeiro Conxemar.
O alcalde informou este venres da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio de exposición pública de todo o proxecto integrado Centro Vialia, a estación do AVE de Vigo e a terminal de autobuses para o que se abre un prazo de 20 días hábiles para presentar alegacións ou as cuestións pertinentes.
Rematado ese período, Caballero sinalou que o Concello emitirá un informe favorable á aplicación da Lei de medidas urxentes para proxectos de excepcional interese e, posteriormente, ADIF adxudicará o proxecto na primeira reunión que teña.
Segundo explicou, este luns 6 de marzo producirase unha reunión técnica en Madrid para axustar as cuestións necesarias do proxecto e, posteriormente, o alcalde e o presidente de ADIF, Juan Bravo Rivera, acordaron celebrar un encontro para o impulso político e administrativo do Centro Vialia, nun prazo de dez días. "Queremos ir a toda marcha para que a adxudicación se faga no prazo máis breve posible, coa vista posta a finais deste mes de marzo" e sinalou que "estamos camiñando extraordinariamente ben" con este proxecto, traballando con vontade e cooperación con ADIF.
Exposición pública da expropiación do IFEVI
O BOP publica tamén este venres a relación de bens e dereitos afectados pola ampliación das instalacións do IFEVI, polo que dende hoxe empeza a contar o prazo de 15 días de exposición pública. A partir de entón, o Concello solicitará a urxencia da expropiación en base á Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese "para ir o máis rápido posible, porque o obxectivo é que estea preparada para o seguinte Conxemar". Engade o rexedor, que a dilixencia do goberno municipal é "total, xa que respondemos en 24 horas a todas as accións que temos que facer".