O Consello Social de Vigo insta á Xunta e ao Goberno a poñer en marcha o AVE por Cerdedo
"Cun acordo total e unánime", en palabras do rexedor, a entidade que acolle ás forzas vivas da cidade aprobou unha proposta para demandar ao goberno galego e ao español desenvolver a declaración de impacto ambiental do tramo de Cerdedo nun prazo máximo de tres meses para poder realizar ese trazado.
O Consello Social de Vigo aprobou este xoves un acordo proposto polo alcalde que foi asumido "de forma unánime e co apoio contundente" de todos os presentes, segundo expuxo Abel Caballero, que estima que a cidade está "nun momento histórico".
En primeiro lugar, o Consello Social considera que o tren de alta velocidade Vigo – Ourense –( por Cerdedo)- Madrid é irrenunciable na cidade de Vigo.
En segundo lugar, o Consello Social da Cidade de Vigo insta á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a poñer en marcha todos os mecanismos, financeiros e administrativos que permitan obter a declaración de impacto ambiental do tramo de Cerdedo correspondente ao novo trazado Vigo – Ourense por Cerdedo nun prazo máximo de tres meses, de tal xeito que permita a licitación do proxecto e da obra de conexión en Alta Velocidade Ferroviaria Vigo – Ourense (por Cerdedo) no prazo máximo de dezaoito meses.
Na reunión estiveron presentes representantes dos tres grupos municipais así como da Autoridade Portuaria, da Confederación de Empresarios de Pontevedra, da Cámara de Comercio, da Universidade de Vigo, dos sindicatos CCOO, CIG e UXT, da FAVEC e do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación.
Descargar todas as imaxes