O alcalde di que "non hai desculpas que xustifiquen os recortes en políticas a prol das persoas con discapacidade"

venres, 2 dec 2016

O rexedor reiterou esta mañá que "é preciso avanzar todos xuntos, nunha loita colectiva en favor dos dereitos das persoas con discapacidade". Así o indicou nun acto organizado na Praza do Rei no que participaron usuarios de APAMP, ASPANAEX e San Rafael para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade que se celebra mañá. Na súa intervención, indicou que non "hai desculpas que xustifiquen os recortes en políticas a prol das persoas con discapacidade".

O alcalde visita os obradoiros ao aire libre de ALENTO

luns, 31 out 2016

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido celebra este luns día 31 de outubro a segunda xornada ALENTO NA RÚA durante a que desenvolven diferentes actividades ao aire libre, abertas á participación de pequenos e adultos en Navia. Abel Caballero quixo sumarse a este día para amosar o apoio do Concello ás familias e ao labor que realiza a entidade. <br />

O Concello coopera coa incorporación social de drogodependentes a través da agricultura

xoves, 13 out 2016

Abel Caballero recibiu hoxe xoves á nova xunta directiva de Alborada (Asociación cidadá de lotia cntra a droga) aos que lle avanzou que mañá se aprobará un convenio de colaboración para un programa de incorporación social en agricultura ecolóxica. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, a esta cooperación hai que sumar a cesión gratuíta de instalacións deportivas para usuarios deste colectivo .