O Auditorio Municipal acolleu unha xornada lúdica de concienciación sobre o autismo

xoves, 9 abr 2015

No marco do Día Mundial, e co obxectivo de facer fincapé na sensibilización e na prevalencia, a Fundación Menela celebrou este xoves no auditorio do Concello un evento lúdico e reivindicativo coa participación de decenas de rapaces da entidade. O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, edís da Corporación viguesa e membros das administracións provincial e autonómica.

Caballero reivindica a Vigo como o concello coa política social "máis intensa" de España

martes, 7 abr 2015

O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de 46.000 euros co Comedor da Esperanza, proseguindo coas achegas a comedores sociais da cidade aos que o goberno local adica 446.000 euros. En rolda de prensa, destacou que Vigo é o concello coa política social "máis intensa" de toda España, logo de asegurar que con apoio municipal no ano 2014 servíronse 161.000 comidas nas distintas ONGs da cidade.

O goberno local coopera co finanzamento dos pisos de reinserción de Érguete con 45.000 euros

martes, 7 abr 2015

O alcalde deu conta esta mañá do acordo de colaboración con Érguete de 45.000 euros para financiar os pisos de apoio á reinserción de ex toxicómanos en tratamento. Destacou o compromiso do goberno local na loita contra a drogodependencia que adica a Cedro un millón de euros ao ano, a pesar de que as competencias sanitarias no son municipais, senón autonómicas. <br />

O goberno local achega preto de medio millón de euros a cinco comedores sociais da cidade

luns, 6 abr 2015

O Concello triplicou as achegas en comedores sociais, bolsas de comedor e convenios con organizacións sociais desde o ano 2012, pasando dos 1,5 a 4,1 millóns. Hoxe mesmo, Caballero asinou con AFAN un convenio por 110.000 euros e o montante total que o goberno local adica a comedores sociais ascende a preto do medio millón de euros, segundo explicou esta mañá en rolda de prensa.

O Concello súmase á campaña para previr o glaucoma con actividades na Praza do Rei

xoves, 12 mar 2015

Abel Caballero participou este xoves da proposta, organizada pola Asociación Galega de Glaucoma coa colaboración do Concello, a través da Policía Local, impulsada co obxectivo de concienciar á cidadanía da necesidade de facer revisións oculares. Axentes nun vehículo poderán experimentar a vista con glaucoma cunhas gafas especiais, percorrendo un circuito habilitado na Praza do Rei.

O goberno de Vigo achega máis de 270.000 euros a tres entidades sociais da cidade

venres, 6 mar 2015

Tal e como informou este venres Abel Caballero, o goberno local aprobou a concesión de subvencións a AFAN, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e a Fundación Casa da Caridad por un importe total de 270.120 euros. O alcalde recordou que, nos últimos tres anos, as dotacións do Concello para comedores, bolsas de comedor escolar e organizacións sociais pasaron de 1,5 a 4,1 millóns.