Caballero cuantifica en 7 millóns de euros o investimento social da cidade de Vigo

mércores, 2 out 2013

Abel Caballero achegouse hoxe ás instalacións de Apamp para "apoiar" a un colectivo co que o Concello coopera a través dos plans de emprego. O rexedor aproveitou a súa visita para facer un balance do investimento municipal en políticas sociais, unha cifra que alcanza os 7 milóns de euros "grazas á vocación da cidade para axudar aos máis necesitados nun momento tan difícil como o actual". <br />