venres, 6 ago 2021
O alcalde reiterou esta mañá que o Concello é a única administración que inviste en política social na cidade a pesar de que é a Xunta de Galicia a que recibe fondos do Goberno de España. Esta mañá referiuse ás achegas de emerxencia, nunha semana na que se entregaron outras 77 cun importe preto de 15.000 euros.
luns, 26 xul 2021
O Concello participa nesta acción de cooperación internacional coa axuda de 10.000 euros a Aulas Abertas.
luns, 26 xul 2021
Este novo servizo súmase aos que xa comenzaran en abril de psicoloxía, podoloxía – moi demandado – e salón de peiteado, ademais do programa “Vente al cine con el concello”.
venres, 23 xul 2021
Abel Caballero anunciou 11 viaxes nos meses de xullo, agosto e setembro dentro do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”
martes, 20 xul 2021
O alcalde cifrou en 3.556 as solicitudes recibidas. Isto supón un 13% máis que o ano anterior e reiterou que “non hai límite para estas becas e todos aqueles que cumpran os requisitos terán a axuda municipal”.
luns, 19 xul 2021
O goberno da cidade resolveu a convocatoria de acceso aos centros municipais para nenos e nenas de cero a tres anos, con 192 renovacións de praza e outros 174 novos alumnos e alumnas para o curso 21/22. O alcalde explicou que existe “demanda en exceso” na quenda de mañá e “pouca ou ningunha” de tarde.
mércores, 14 xul 2021
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a mozas e mozos que forman parte de Lecer no Verán, o programa co que o Concello ofrece un servizo de ocio e respiro familiar, pensado para persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial. Este mércores, visitaron as instalacións municipais e interesáronse polo labor que desempeña o alcalde no día a día e polas súas funcións como presidente da Femp.
martes, 13 xul 2021
Abel Caballero abordou co director da confederación, Gonzalo Davila, e co resto de persoas que integran o equipo directivo de Cáritas Diocesana Tui-Vigo, os proxectos presentes e de futuro da entidade tanto na parte caritativa e social como no proxecto de recollida de téxtil que desenvolven.
martes, 13 xul 2021
Corenta nenas e nenos e dez persoas maiores partiron este mediodía a bordo do buque oceanográfico Nautilus, nunha experiencia marítima e divulgativa que organiza o Concello de xeito gratuíto ao longo do verán.
luns, 12 xul 2021
O Alcalde anunciou que durante o verán estará activo o programa “Ven ao cine co Concello” coa idea de “incentivar ás persoas a saír da casa”.