As fontes de Aragón ilumínanse para concienciar sobre a Síndrome de Down
O alcalde explicou que, con motivo do Día Internacional da Síndrome de Down, que se conmemora este luns 21 de xaneiro, as fontes tínguense de azul e amarelo.
“Queremos xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e salientar a importancia da autonomía e independencia individual dos homes e mulleres con síndrome de Down”, expuxo Caballero, ao dar conta da iluminación das fontes de Aragón coas cores azul e amarela. As familias e as persoas con Síndrome de Down “van atoparnos sempre ao seu carón”, dixo.