Escoitar

O Calvario pon en marcha a segunda edición da súas Xornadas de envellecemento activo

O alcalde participou na presentación da segunda edición dun programa que ten por obxectivo poñer en valor a vellez dun xeito activo e loitar contra a soidade. Organizadas pola Asociación de veciños do Calvario, ofrecerán charlas ou cursos para fomentar información sobre a prevención de enfermidades.

luns, 21 mar 2022

Abel Caballero lembrou esta mañá o compromiso da cidade cos nenos e cos máis maiores durante unha rolda de prensa na que se presentaron as II Xornadas de envellecemento activo organizadas pola Asociación de veciños do Calvario. O rexedor animou á participación nunhas actividades concibidas para a prevención de enfermidades e o fomento da sociabilización.

O presidente da Asociación, Raúl Fontán, agradeceu a todos os ponentes a súa colaboración, especialmente a Andrés Vázquez, médico xerontolóxico e coordinador das charlas. Serán catro os relatorios que se van desenvolver no Centro socio comunitario do Calvario. O xoves 31, abordarán a prevención de enfermidades infecciosas, vacinas e medidas físicas; o 28 de abril será a quenda de falar sobre as enfermidades metabólicas, hipertensión, diabetes e obesidade; o 26 de maio, os asistentes serán informados sobre demencias e trastornos cognitivos e o 30 de xuño o tema será a prevención de problemas emocionais e sociais. Soidade e illamento.

Outro dos eixos do programa, ademais de campañas divulgativas, será a promoción de máis de 40 cursos organizados na Asociación de veciños de O Calvario relacionados con materias como a animación e a estimulación, a axilidade mental, educación básica, ioga, pilates, ximnasia de mantemento, entre outros. Finalmente, organizarse unha festa dos maiores na instalacións da asociación como peche das charlas, coa intención de xerar un espazo lúdico e de convivencia onde as persoas maiores poidan pasar unha tarde divertida e establecer relacións entre elas.

Descargar todas as imaxes