martes, 18 xan 2022
O alcalde fixo balance da actividade do albergue municipal que fixo cerca de 230 intervencións externas. Tamén deu a coñecer datos do comedor social, o Equipo de Rúa, o servizo de hixiene e lavandería.
venres, 14 xan 2022
O Consello da Xerencia de Urbanismo aceptará na reunión do vindeiro martes a cesión de tres pisos e dous locais na urbanización Cambeses en cumprimento do convenio asinado co IGVS.
xoves, 13 xan 2022
Os servizos municipais atenderon a 222 persoas e fixeron 1022 acompañamentos en decembro.
mércores, 12 xan 2022
Abel Caballero denunciou este mércores que a Xunta de Galicia deixou sen executar 30 dos 47,6 millóns recibidos do Estado para garantir o acceso a unha vivenda digna. O alcalde contrapuxo a “incapacidade” autonómica coa acción municipal e explicou que o 75% das axudas de emerxencia que Vigo concede son para vivenda.
luns, 10 xan 2022
Abel Caballero fixo balance deste servizo municipal que atende principalmente a señoras maiores que viven soas, 6.929 chamadas para recordarlles a medicación, por algunha emerxencia ou felicitacións polo aniversario. O alcalde trasladou ademais que se repartiron 170 cenas de Nadal nos domicilios.
luns, 10 xan 2022
O rexedor reuniuse este luns coa directiva da asociación sen ánimo de lucro Superhéroes, que traballa coas familias de nenas e nenos con diversidades funcionais e que veñen de constituír unha plataforma para reivindicar os seus dereitos.
martes, 4 xan 2022
Trátase dun proxecto piloto para a promoción e accesibilidade cognitiva e humanización nos espazos e servizos públicos do Concello para as persoas con Trastorno do Espectro Autista e outras discapacidades.
mércores, 29 dec 2021
A moción socialista aprobada este mércores no último Pleno da Corporación de 2021 esixe ao Goberno galego que cumpra o compromiso acordado en sede parlamentaria de dar a coñecer os datos do estudo de análise e diagnose do mapa da soidade de Galicia.
martes, 28 dec 2021
Segundo expuxo este martes en rolda de prensa, en Galicia, case 17.000 persoas teñen acceso ao IMV mentres a Risga "no momento que tivo máis perceptores, foron 10.700". Lembrou que en Vigo os dous mecanismos poden percibirse xunto ás axudas de emerxencia.
xoves, 23 dec 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2022 que ten un importe inicial de 1.175.000 euros pero para o que non hai límite: “todo o que sexa necesario vaise dar”.