Escoitar

O Concello entrega outras 127 axudas de emerxencia e atendeu na pandemia a case 51.000 persoas

Segundo informou Caballero, o goberno vigués concedeu esta semana case 20.000 euros de axudas, dos que máis de 11.000 son para pagos de vivenda. Con este sistema, o Concello abonou gastos de emerxencia a 50.827 persoas nos dous anos de pandemia: “Non hai unha cidade en España que dera, en relación á poboación, este nivel de axudas”.

venres, 8 abr 2022
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.

Esta semana, a administración local viguesa acordou entregar 32 axudas por valor de 10.400 euros para pagos de alugueiro, outras catro por 510 euros para aloxamento e seis máis, por importe de 690 euros, para afrontar débedas con comunidades de propietarios. “Quero volver a subliñalo: estamos evitando ducias e ducias de desafiuzamentos”, aseverou o rexedor este venres, “e facémolo a través destas axudas, que permiten aos inquilinos en difícil situación económica pagar o alugueiro e poder seguir vivindo aí”.

“Nos anticipamos na medida na que é posible e evitamos tantos e tantos desafiuzamentos”, explicou Caballero, quen ofreceu outro dato: case 51.000 persoas recibiron axudas de emerxencia do Concello nos últimos dous anos, desde o inicio da pandemia. “Non hai unha cidade en España que dera, en relación á poboación, este nivel de axudas”.

Tamén en clave social, o rexedor trasladou que o equipo de rúa “está actuando de forma continua” e realizou, do 29 de marzo ao 1 de abril, trinta e seis intervencións a persoas sen fogar. Se lles informa, indicou Caballero, dos servizos que teñen a súa disposición e dos recursos dispoñibles no albergue do Concello en Marqués de Valterra. Tamén se lles ofrece bebida quente e, de ser o caso, se lles recorda a pauta de medicación que deben seguir.

Descargar todas as imaxes