Escoitar

Vigo acolle a catro refuxiados de Líbano, en colaboración coa FEMP

A Federación Española de Municipios e Provincias que preside Abel Caballero coordina a chegada dos refuxiados procedentes de Líbano, dos que catro -tres mulleres e un home- recalan este venres na cidade co status de protección internacional. Se suman aos 42 ucraínos e ucraínas atendidos en Vigo.

venres, 1 abr 2022
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.
Abel Caballero, este venres en rolda de prensa.

O acollemento, explicou Caballero este venres en rolda de prensa, se enmarca dentro do Programa Nacional de Reasentamento que foi aprobado no Consello de Ministros presidido por Pedro Sánchez, unha iniciativa financiada integramente polo Goberno de España. A entidade xestora deste acollemento en Vigo é a Cruz Vermella.

Da crise de Ucraína, Vigo leva atendidos xa a corenta e dúas persoas, acollidas polo dispositivo de emerxencia constituído polo Concello antes de ser entrevistados pola ONG Accem e posterior tramitación da súa protección internacional.

Descargar todas as imaxes