venres, 1 abr 2022
O goberno local validou hoxe venres a oitava edición do obradoiro Vigo capacita, que -dotado con máis de medio millón de euros - permitirá contratar a 20 novos estudantes/traballadores que se formarán en cociña e restauración durante un año. Tamén aprobou a convocatoria de achegas á contratación, cun importe de 150.00 euros. O Concello continúa deste xeito coa promoción do emprego na cidade.
venres, 1 abr 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e a convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para as activades da presente temporada. Amais, quedou aprobada a axuda de 84.500 euros para o Celta de baloncesto feminino.
venres, 1 abr 2022
Abel Caballero deu a coñecer este venres unha nova cita no cartel das festas de verán da cidade. A actuación do artista colombiano enmárcase na xira internacional que realiza para presentar en directo o seu último disco.
venres, 1 abr 2022
A Federación Española de Municipios e Provincias que preside Abel Caballero coordina a chegada dos refuxiados procedentes de Líbano, dos que catro -tres mulleres e un home- recalan este venres na cidade co status de protección internacional. Se suman aos 42 ucraínos e ucraínas atendidos en Vigo.
venres, 1 abr 2022
O alcalde achegouse ao acto organizado pola Fundación Menela nas escaleiras do MARCO para reivindicar “unha viaxe feliz na vida para as persoas afectadas polo TEA e para as súas familias”.
venres, 1 abr 2022
Integrantes da Asociación Gunga en Vigo, mestre e alumno foron finalistas no certame celebrado en Burgos, en categorías A e C, respectivamente. Abel Caballero recoñeceu o éxito dos deportistas no campionato desta arte marcial afro-brasileira.