Escoitar

O alcalde subliñou a importancia dun diagnóstico temperán no Día Mundial do Ril

Abel Caballero participou este xoves no acto, celebrado en Vialia, organizado pola Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo, coa colaboración de Vithas Fátima, que instalou un posto para tomar a tensión á cidadanía para concienciar da importancia da prevención e os hábitos saudables.

xoves, 10 mar 2022
Abel Caballero, durante a súa intervención, con Puente e Ciro á esquerda da imaxe, e García e Rodríguez á dereita.
Abel Caballero, durante a súa intervención, con Puente e Ciro á esquerda da imaxe, e García e Rodríguez á dereita.

O alcalde de Vigo achegouse este xoves ata Vialia e sumouse á conmemoración do Día Mundial do Ril, este 10 de marzo, para sensibilizar da relevancia da saúde renal na poboación. Caballero eloxiou o traballo dos médicos no tratamento e salientou a importancia dun diagnóstico a tempo.

Acompañado pola concelleira Nuria Rodríguez, Abel Caballero interveu este xoves xunto ao presidente de Adrovi, Celso García, o xerente do hospital Álvaro Cunqueiro, Javier Puente, e Andrés Ciro, xerente de Vithas Fátima. Precisamente este centro médico dispuxo no Vialia un posto para medir a presión arterial a todo aquel que quixera achegarse.

Ao remate do acto, a Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo fixo entrega dun pequeno detalle ao responsable do Vialia Vigo pola súa cooperación coa actividade, que procura dar a coñecer entre a sociedade a enfermidade renal, promover uns hábitos de vida e alimenticios saudables.

Abel Caballero, durante a súa intervención, con Puente e Ciro á esquerda da imaxe, e García e Rodríguez á dereita.
Descargar todas as imaxes