venres, 11 mar 2022
O alcalde confirmou en rolda de prensa que concorrerá ás axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Abel Caballero, e a Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, presentaron en Vigo o Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos ( PIREP) para Entidades Locais. Caballero subliñou que os Gobernos Locais contan “con proxectos moi maduros, listos para ser executados, e con gran poder de transformación nas liñas que se expoñen desde o Goberno de España”.
venres, 11 mar 2022
O presidente da FEMP avanzou este venres algúns dos temas que abordará esta fin de semana no marco da XXVI Conferencia de Presidentes que se celebra na Illa da Palma coa presenza do presidente do Goberno e de tódolos presidentes autonómicos.
venres, 11 mar 2022
O alcalde explicou este venres en rolda de prensa que a partida acada os 390.000 euros dado o “arraigamento popular” destas celebracións en Vigo, onde teñen lugar preto de corenta festas anuais deste tipo.
venres, 11 mar 2022
O goberno de Vigo traballa xa na adecuación das praias e instalacións municipais de cara á tempada estival e, segundo informou Abel Caballero, xa acometeu a remodelación da caseta de madeira de salvamento do principal areal das Cíes, moi deteriorada polas inclemencias do tempo nas illas. O investimento superou os 16.000 euros.
venres, 11 mar 2022
Na sede social de Afundación, Abel Caballero participou este venres na inauguración do décimo segundo Congreso Nacional da Sociedade Española de Odontoloxía Infantil Integrada, que a entidade celebra por primeira vez en Galicia. O título, “O paciente infantil. Unha visión multidisciplinar de cero a seis anos”.