Escoitar

Caballero: “Estamos dando aloxamento a 30 refuxiados ucraínos”

O Concello constituíu a Comisión de Axudas aos Refuxiados de Ucraína na que participan a Policía Nacional e Local, ACCEM e Cruz Roja e os servizos sociais municipais.

martes, 22 mar 2022
Primeira xuntanza da Comisión de Axuda aos Refuxiados de Ucraína
Primeira xuntanza da Comisión de Axuda aos Refuxiados de Ucraína

Abel Caballero liderou onte a Comisión de Axudas aos Refuxiados de Ucraína no que participan ONGs, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado el Locais e servizos sociais municipais.

En rolda de prensa, o rexedor anunciou que agora mesmo “o Concello da aloxamento a 30 persoas refuxiadas ucraínas e que atendéronse 100 peticións”. Explicou que moitos deles logo marchan a Porto ou están con algún familiar na cidade.

O obxectivo da Comisión e a coordinación rápida para comezar a fase de acollemento. “Están a chegar refuxiados que non teñen onde aloxarse. Nós aportamos aloxamento coa nosa rede hoteleira, aos que pagamos, para que poidan durmir. Queremos que todos teñan un lugar para aloxarse ata resolver os permisos temporais de estancia”, afirmou Caballero.

O alcalde explicou que a partir do momento que teñan a acreditación de refuxiados, terán unha asignación para o alugueiro, alimentación e cando se empadroen en Vigo terán acceso á educación e sanidade.

“O importante é facerlles sentir ben e iso o fan os servizos sociais e a poboación ucraína que poden facelo por razóns de idioma”, concluíu.

Descargar todas as imaxes