Escoitar

O Concello arranca en Bouzas seis cursos de formación para voluntariado

O goberno local segue na procura de seguir avanzando no voluntariado polo que volve convocar cursos de formación que se ofertarán en marzo e abril no centro municipal de distrito de Bouzas. Son seis os obradoiros e o prazo de inscrición permanece aberto no 010.

martes, 22 mar 2022
Foto de arquivo dun grupo de voluntariado ambiental
Foto de arquivo dun grupo de voluntariado ambiental

O centro municipal de distrito de Bouzas albergará durante os meses de marzo e abril cursos de formación para voluntariado. O primeiro dos seis obradoiros comeza hoxe en horario de 17,00 a 21,00 h. O Concello oferta 15 prazas por curso e aínda está aberto o prazo de inscrición no 010.

A temática da formación é variada: básico de iniciación, acompañamento a persoas con diversidade funcional, técnicas e dinámicas de grupo, atención á persoas con problemas de adicións, voluntarios en saúde mental e primeiros auxilios.

Descargar todas as imaxes