Escoitar

Un millar de escolares desfilará por Vigo o xoves 24 para celebrar a Reconquistiña

Nesta semana festiva na cidade sucédense os actos conmemorativos da Reconquista. O alcalde achégase este mediodía ao almorzo coa Fundación Vigueses Distinguidos, mañá terá lugar a gala de entrega de galardóns e o xoves, será a quenda dos máis pequenos co desfile da Reconquistiña.

martes, 22 mar 2022
O alcalde celebrou un almorzo coa Fundación Vigueses Distinguidos
O alcalde celebrou un almorzo coa Fundación Vigueses Distinguidos

Un millar de estudantes de quince centros educativos percorrerá o xoves 24 as rúas de Vigo para conmemorar a festa da Reconquista. O Concello asumirá o transporte de ida e volta do alumnado que participará nun desfile que partirá de A Laxe cara á Praza Compostela. Durante a xornada, está previsto que os alumnos gocen do espectáculo Ollo Piollo, de Barafunda Animación.

O alcalde tamén avanzou esta mañá que acudirá ao tradicional almorzo coa Fundación Vigueses Distinguidos, un día antes da Gala de entrega dos galardóns, prevista para mañá mércores ás 20,00 h no Teatro García Barbón.

Descargar todas as imaxes