martes, 24 xuñ 2003
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, reuniuse con representantes da Cooperativa de armadores e manifestou a súa disposición a traballar polo recoñecemento da pesca na vida económica da cidade.
martes, 24 xuñ 2003
Unha comisión integrada polo alcalde e os concelleiros de Limpeza, Tráfico e Medio Ambiente comprobaron a limpeza efectuada no túnel de Beiramar que proseguerá cun mantemento semanal.
luns, 23 xuñ 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou ás 10:30 o Servicio de uroloxía de Povisa para felicitar o doutor Fernando Meijide, distinguido co primeiro premio no XIII Congreso da Sociedade Galega de Uroloxía.
xoves, 19 xuñ 2003
O alcalde Ventura Pérez Mariño amosou a súa satisfacción pola marcha do Instituto Feiral e do nivel do sector do aluminio no transcurso do acto de inauguración de Alumostra celebrado en Cotogrande. Ó acto asistiu tamén o conselleiro de Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste.
martes, 17 xuñ 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, reuniuse co presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, para organizar un axenda de traballo que procurará resolver problemáticas comúns e tralo encontro agoiraron "magníficas relacións entre as dúas institucións".
martes, 17 xuñ 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, manifestou a intención do Consorcio da Zona Franca de desenvolver un proxecto referencial para a cidade nos terreos da Etea.
mércores, 11 xuñ 2003
O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo e o delegado do Consorcio da Zona Franca, Pablo Egerique, asinaron o pasado 8 de maio senllos convenios de colaboración para o desenvolvemento de 160 hectáreas de solo industrial no municipio. Nun dos convenios prevese a creación dun novo polígono empresarial nas parroquias de Matamá e Valadares. No outro recóllese a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico.
martes, 10 xuñ 2003
O Concello de Vigo dispón no edificio Asefal dun centro de formación en novas tecnoloxías no que se impartirán cursos a traballadores municipais e a diversos colectivos cidadáns. O centro créase a través dun convenio subscrito entre o Concello e Telefónica Telecomunicaciones Públicas S.A., empresa encargada de equipar o local habilitado pola administración municipal.
xoves, 5 xuñ 2003
O alcalde de Vigo en funcións, Lois Castrillo, Alfonso Paz Andrade, presidente do Comité Executivo da World Fishing Exhibition, e o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presentaron oficialmente a celebración desta exposición mundial que terá lugar en Vigo entre os días 17 e 21 do próximo mes de setembro.
xoves, 29 mai 2003
O alcalde en funcións, Lois Castrillo, asinou un bando que establece as normas para a realización de fogueiras en san Xoán entre as que destaca a necesidade de dispoñer da autorización pertinente.