O Concello recupera o edificio do Reitorado

martes, 27 dec 2005

A alcaldesa, Corina Porro, e o reitor, Domingo Docampo asinaron o convenio polo que a Universidade comprométese á entrega e disposición do Concello dos edificios que compoñen a actual sede do reitorado antes do 1 de marzo de 2006. O edificio albergará as dependencias da alcaldía e oficinas de Deputación Provincial e da Mancomunidade.

Encendido do alumeado da Nadal

venres, 2 dec 2005

Ás 20 horas do venres día 2 de decembro encéndese o alumeado de Nadal que este ano contou coa colaboración dos comerciantes para determinar as zonas do municipio que deberían ter alumeado natalicio.

Gala Benéfica en Vigo da película de Walt Disney "Chicken Little"

martes, 8 nov 2005

Dentro da programación de animación que organiza o Concello con motivo da saída da Volvo Ocean Race, o xoves, día 10 de novembro, ás 19 horas, nos Cines Yelmo terá lugar, en primicia , a estrea da nova película de Walt Disney "Chicken Little" a favor da ONG Cooperación Internacional e do seu proxecto "Un Sorriso por Nadal" que cada ano mobiliza a máis de 4.000 xoves voluntarios en Vigo e outras 20 cidades españolas, e que beneficia a milleiros de nenos e persoas desfavorecidas.