Escoitar

O rexedor destaca a mellora que experimentou o contorno do Centro Comercial Coia IV

Abel Caballero visitou hoxe venres as obras de remodelación do Centro Comercial Coia IV, nas que o Concello investiu 100.000 euros, "nunha zona comercial que abastece a unha zona de poboación moi importante". O rexedor enmarcou estas obras nas humanizacións das rúas adxacentes acometidas no anterior mandato e nas que o Concello investiu 7,8 millóns de euros. Avanzou, asimesmo, que a Xunta de Goberno deu luz verde, por un importe de 125.000 euros, ás obras de remodelación dun tramo da rúa Castelao que quedara pendente de humanizar.

venres, 2 set 2011
1314972474coia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse hoxe venres ao Centro Comercial Coia IV para coñecer a evolución das obras de humanización que se están acometendo e nas que o Concello inviste 100.000 euros. Indicou que as instalacións, que "abastecen a unha zona de poboación moi importante", estaban "bastante" deterioradas polo que comerciantes e Concello chegamos a un acordo, dixo, selado nun convenio, para facer reformas. O Concello sufragou o cambio de pavimento, o parque infantil e a humanización da zona, traballos de xardinería e iluminación, entre outros. O rexedor enmarcou estas obras nas humanización das rúas adxacentes: Redondela, Baiona, Marín, A Estrada, o carril bici de Castelao, Cangas, Salvaterra ou Vilagarcía de Arousa, que suman un investimento de 7,8 millóns de euros.

Na mesma liña, o alcalde avanzou que a Xunta de Goberno de hoxe, deuse luz verde ás obras de humanización dunha parte da rúa Castelao pendente de reformar. Concretamente, trátase do tramo que vai desde o comezo do novo aparcamento ata Florida. Explicou que estas obras, previstas para antes das eleccións municipais, sufriron un retraso porque se atoparon problemas nos condutos do saneamento que incrementaron o importe a 125.000 euros e esixiron, polo tanto, modificacións nos trámites administrativos de contratación.

Descargar todas as imaxes