O Goberno municipal aporta 55.000 euros para a xestión do Centro Cívico de Teis
Abel Caballero asinou hoxe venres un convenio con responsables da Asociación de Veciños de Teis para sufragar o funcionamento do Centro Cívico. O Concello asume a contratación do persoal, incluído o auditorio, cunha aportación de 55.000 euros, cantidade á que hai que sumar as subvencións que como asociación lles corresponde.
![1314972747teis.jpg 1314972747teis.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1314972747teis.jpg)